Daniel Villaverde, estudante de audiovisual, cambia de cidade por motivos académicos. Cústalle relacionarse e séntese só. Procura no seu pasado inmediato un motivo existencial mais decátase de que este está máis preto do que pensaba. Esta curta é en palabras do seu director o simple retrato dunha xeración consentida e malcriada, unha ollada á hipocrisía nas relacións humanas e a apoloxía da convición de que todos os problemas se solucionan desde a educación. Estreada o 30/3/11 no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Daniel Villaverde
Intérpretes:
/
Antonio Mourelos
/
Daniel Villaverde
Ficha técnica
Titulo orixinal: A culpa é dos pais
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Comedia
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 20'
Orixe: Galicia
Ano: 2011
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Ningún idioma
Dobrada: Ningún idioma
Porcentaxe subvencións: 0 %