A experiencia do fotógrafo sarriao Antonio López Losada (Toño do Xarope) retratando a todos os veciños do lugar de Pacios (O Incio) cunha cámara de placas antiga. Neste proxecto Toño recupera a súa propia memoria, pois alí naceu e viviu até os 15 anos. Na actualidade a casa da sua familia está pechada, após a morte de seu pai e o traslado de súa nai a Sarria. Toño reencóntrase coas súas raíces a través da linguaxe da arte, ao tempo que deixa testemuño da paisaxe humana dun lugar que parece condenado ao despoboamento. En Pacios viven hoxe en día pouco máis de vinte persoas, a maioría maiores.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Manuel Darriba
Dirección fotografía:
/
Cora Peña
Guionista:
/
Manuel Darriba
Montaxe:
/
Cora Peña
Produción Executiva:
/
Comba Campoy
Xefatura de son:
/
Javier Romo
Ficha técnica
Produtora
/
Tintiman Audiovisual, programación e formación cultural, S.L.L.
Subvención ou axuda pública
/
Deputación de Lugo
Titulo orixinal: Pacios. As fotos da memoria
Tipo: Documental
Xénero: Etnográfico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 66'
Orixe: Galicia
Ano: 2011
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Inglés