A vida do alemán Manfred Gnädinger tomou un camiño chamativo en 1961. Nun recuncho da Costa da Morte comezou unha intervención artística no medio inseparable da forma de vida que escolleu. Man consideraba a arte como necesidade primordial, polo que prefiría vivir con ela e sen outros recursos materiais. Sufrirá porén dous sucesos que o marcan: A construción dun dique de abrigo, que mutila o seu espazo artístico, e a marea negra do Prestige, que o some nunha profunda depresión, causándolle a morte no Nadal de 2002. Palmarés: Mestre Mateo á mellor longametraxe documental, ex aequo con Jazz en liberdade. |
Ficha artística
Dirección:
/
Simón Vázquez
Ficha técnica
Produtora
/
Infernos TV
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Duración: 72'
Orixe: Galicia
Ano: 2010