Os X-men son un grupo formado por Xoel, Xoán, Xosé, Unax e Xurxo, cinco amigos de toda a vida. Porén xa non han poder xuntarse máis porque Xoel acaba de se suicidar. Na súa carta de despedida, Xoel convoca os demais X-men para celebrar unha última festa na que terán que ocuparse das súas cinzas e brindar polos vellos tempos. A reunión deparará sorpresas que dan pé a pensar que non todo o mundo pode ser un superheroe. Palmarés: Selección Oficial do Short Film Corner do Festival de Cannes 2010. Premio Mestre Mateo á mellor curtametraxe, entregado en 2011. |
Ficha artística
Dirección:
/
Eusebio Pastrana
Dirección de produción:
/
Jesús Prieto
Intérpretes:
/
David Bendito
/
Farruco Castromán
/
Rubén de la Marina
/
Juan Carlos Vellido
Música:
/
Juan Sebastián Alarcón
/
Sol Pindado
Produción:
/
María Brea
Ficha técnica
Produtora
/
Zircocine, S.L.
Titulo orixinal: Xoel y los X-Men
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Drama
Produción propia
Realizada a cor
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Castelán