Esta obra tenta arroxar luz sobre quen foron doblemente silenciadas pola súa condición de mulleres e mais de vítimas da ditadura. Esa exploración toma forma na figura de catro mulleres vítimas da represión dos Ancares, a Costa da Morte, Tui e Cesantes-San Simón. E o seu discurso vaise tecendo co fío condutor de catro voces da poesía galega actual: María do Cebreiro, María Lado, Marga Romero e Marta Dacosta.
|
Ficha artística
Dirección:
/
María Reimóndez
Ficha técnica
Subvención ou axuda pública
/
Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
Titulo orixinal: Tecendo o fío da memoria
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Produción propia
Duración: 14'
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 10.400 €
Porcentaxe subvencións: 43,26 %
Importe subvencións: 4.500 €