Memorias da salgadura |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Memorias da salgadura
Un dos derradeiros almacéns de salga de sardiña en Galicia funcionou ata primeiros do s.XXI. Preto da confraría de pescadores de Vilanova de Arousa, ao pé da costa, estaba o almacén de Pilar Prado Piñeiro, que durante décadas procesou a sardiña co método catalán de salgado-prensado. Nesta obra ela mesma e tamén Delfina Santos, traballadora do negocio moitos anos, falan da elaboración da conserva. Tamén Antonio Blanco Leis, antigo operario do almacén. Este é o inicio do Arquivo Audiovisual do Mar de Galicia, proxecto dunha serie de documentais do Museo do Mar. Prevista a comercialización en DVD.

Ficha artística
Produción: / Rafael Vilas

 

Ficha técnica
Distribuidora / Museo do Mar de Galicia
Produtora / Museo do Mar de Galicia

Titulo orixinal: Memorias da salazón
Tipo: Documental
Xénero: Etnográfico
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Galego

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org