A pequena Dinki comeza unha nova xornada de camiño para a escola co seu querido pai mais un terrible accidente laboral vai trocar a vida dos habitantes da illa para sempre. Agora o destino dela podería estar nas mans do seu excéntrico amigo Birdboy, un rapaz introvertido que se agacha no monte abandonado ás súas fantasías. Palmarés: Premio de animación do Festival de Foyle (Derry, Irlanda 2010). Gran Premio de Cine Vasco no Zinebi 2010. Premio ao mellor guión de curtametraxe vasca no Zinebi 2010. Seleccionado para os festivais de Sitges, Donosti, Anchorage (EEUU), Lucca (Italia), Rica (Francia) e para o Animated Dreams (Estonia). Preseleccionado para os Oscars de 2012. Gañador na categoría Mellor Animación Internacional no Curtocircuíto (Santiago de Compostela 2011). Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación no festival de Cans (2011). Premio á mellor curta galega de animación no Festival de Animación Anirmau (2012). |
Ficha artística
Dirección:
/
Pedro Rivero
/
Alberto Vázquez
Produción Executiva:
/
Guillermo Represa
/
Pedro Rivero
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
/
Curtocircuíto
/
Festival de Cine Internacional de Ourense
Titulo orixinal: Birdboy
Tipo: Animación
Xénero: Drama
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 12'
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Castelán
Subtitulada: Inglés