Da area de Valarés, en Ponteceso, na provincia da Coruña, extraiuse o mineral de titanio a partir da década dos 1930. O economato da empresa, onde os traballadores e traballadoras podían adquirir produtos de primeira necesidade a un prezo económico, foilles unha boa axuda nos tempos da fame da Posguerra, a pesar de que a mina non funcionou moito tempo. Os ex operarios aínda non teñen moi claro hoxe a que se destinaba o produto. Daquilo todo só fican na actualidade as ruínas das infraestruturas da explotación, e mais as lembranzas.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Omar Rabuñal
Ficha técnica
Produtora
/
Asociación Cultural Monte Branco
Subvención ou axuda pública
/
Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia)
Titulo orixinal: Titania S.A.
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 51'
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Ningún idioma
Dobrada: Ningún idioma