A actividade cultural en Galicia, nas diversas disciplinas, xunto coa promoción exterior da arte galega. Desde as expresións clásicas, como a pintura ou a literatura, ou as tradicionais como a gastronomía, ata os grandes eventos culturais, como festivais de cine, pasando por novas formas, caso da videocreación. O programa está dividido en tres reportaxes-bloques principais. Conta cunha axenda, cun sumario e varias pezas. Conta cun equipo de catro reporteiros e a escritora Luísa Castro conduce unha entrevista.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Ghaleb Jaber Martínez
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
Produtora
/
Servicios Audiovisuales CTV S.A.
Titulo orixinal: Cultura 10
Tipo: Programa TV
Xénero: Cultural
Produción propia externa
Realizada a cor
Duración: 35'
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Galego