O cantante e compositor fenés Roger de Flor é un creador bohemio, autodidacta e independente afincado en Ferrolterra, comarca en declive industrial desde finais do século XX. Co gallo da xira de presentación dun disco seu, retrátase a situación actual de artistas e locais de pequeno aforo en Galicia. As opinións, pensamentos e sentimentos de músicos, xornalistas, escritores, poetas, melómanos e amigos do bardo limodrés descobren a este paisano do mítico Andrés do Barro.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Carlos Alberto Alonso
Entrevistada:
/
Belén Regueira
Produción:
/
Carlos Alberto Alonso
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Festival de Cans (A.C. Arela)
Subvención ou axuda pública
/
Agadic
/
Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
Titulo orixinal: Roger de flor: Naturalidade Silvestre
Tipo: Documental
Xénero: Musical
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 86'
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Galego
Dobrada: Ningún idioma
Importe subvencións: 16.000 €