Os contos do camiño |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Os contos do camiño
Historias independentes inspiradas en contos de tradición oral de diferentes culturas. Cada capítulo corresponde a un álbum ilustrado de Oqo editora e presenta composicións de diversos músicos galegos. 26 capítulos de dez minutos realizados en animación intervalométrica. Serie dirixida a un público de 3 a 7 anos. Os títulos inclúen A pota que trota, Os sete cabritos, Fiz, o coleccionista de medos, E que podo facer eu?, A grande viaxe, A cousa que máis doe do mundo, A incrible historia da nenapaxaro e o galopín.

Palmarés: Candidata á mellor serie de animación no Festival Internacional de Cine de Animación de Annecy (Francia). Seleccionada na 50 edición do Festival Internacional de Cine para nenos de Zlin (República Checa) e no festival Internacional do Audiovisual de Barcelona, organizado por OETI (Observatorio Europeo da Televisión Infantil). O festival Brasil Stop Motion 2011 concedeulle a seis curtas de Oqo Filmes o Premio Especial do Xurado: A pota que trota, Fiz, o coleccionista de medos, E que podo facer eu?, A grande viaxe, A cousa que máis doe do mundo, A incrible historia da nenapaxaro e o galopín.

Ficha artística
Dirección: / Ismael Mon / Carlos Pinto / Iván Prieto / Coke Riobóo / Luis Téllez

 

Ficha técnica
Distribuidora / Imagina International Sales
Emisión ou proxección / tvG2
Produtora / Oqo Filmes

Titulo orixinal: Os contos do camiño
Tipo: Animación
Realizada a cor
Duración: 260'
Orixe: Galicia
Ano: 2009
Idioma V.O.: Galego

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org