Historias independentes inspiradas en contos de tradición oral de diferentes culturas. Cada capítulo corresponde a un álbum ilustrado de Oqo editora e presenta composicións de diversos músicos galegos. 26 capítulos de dez minutos realizados en animación intervalométrica. Serie dirixida a un público de 3 a 7 anos. Os títulos inclúen A pota que trota,
Os sete cabritos,
Fiz, o coleccionista de medos, E que podo facer eu?,
A grande viaxe,
A cousa que máis doe do mundo,
A incrible historia da nenapaxaro e o galopín. Palmarés: Candidata á mellor serie de animación no Festival Internacional de Cine de Animación de Annecy (Francia). Seleccionada na 50 edición do Festival Internacional de Cine para nenos de Zlin (República Checa) e no festival Internacional do Audiovisual de Barcelona, organizado por OETI (Observatorio Europeo da Televisión Infantil). O festival Brasil Stop Motion 2011 concedeulle a seis curtas de Oqo Filmes o Premio Especial do Xurado: A pota que trota, Fiz, o coleccionista de medos, E que podo facer eu?, A grande viaxe, A cousa que máis doe do mundo, A incrible historia da nenapaxaro e o galopín. |
Ficha artística
Dirección:
/
Ismael Mon
/
Carlos Pinto
/
Iván Prieto
/
Coke Riobóo
/
Luis Téllez
Ficha técnica
Distribuidora
/
Imagina International Sales
Emisión ou proxección
/
tvG2
Produtora
/
Oqo Filmes
Titulo orixinal: Os contos do camiño
Tipo: Animación
Realizada a cor
Duración: 260'
Orixe: Galicia
Ano: 2009
Idioma V.O.: Galego