A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol
A viaxe da pequena Mumu para conseguir o seu soño: Ser unha super-estrela. A vaquiña Mumu vai vivir unha aventura de acción, suspense e emoción. Os seus enormes desexos de se converter nunha estrela conducirana a unha situación surrealista, da que será liberada grazas ao labor en equipo e ao enxeño dos seus compañeiros, aos que abandoara por careceren do glamour ao que ela aspiraba. Grazas a eles descubrirá que debemos querer aos demais tal e como son e non polo brillo que aparenten ter. Estrea en salas 29/11/10.

Palmarés: En 2011 competiu na categoría de mellor filme de animación para os premios Goya do cine español. Recibiu o premio á mellor longametraxe de animación na terceira edición dos Premios Gaudí. Premio do xurado infantil á mellor longametraxe en competición, no XXI Festival Internacional de Cine para Niños Y Jóvenes, Divercine (Uruguay 2012). Premio á mellor orquestración para súa banda sonora na competición de música para cine do 10º Garden State Film Festival (Nova Jersey, Estados Unidos de América 2012). A BSO tamén levou a medalla de ouro á excelencia no Festival de Música de Cine del Festival Internacional de Utah (EEUU 2011) e o Premio Jerry Goldsmith á mellor banda sonora e á mellor compositora no VII Festival de Música de Cine Ciudad de Úbeda (2011).

Ficha artística
Animación: / José A. Cuenca
Dirección: / Álex Cools
Montaxe: / Guillermo Represa
Música: / Zeltia Montes
Produción Executiva: / Chelo Loureiro

 

Ficha técnica
Distribuidora / Alta Classics / Six Sales
Produtora / Abano Producións, S.L. / Continental Producciones, S.L. / Televisión de Galicia (TVG)
Subvención ou axuda pública / Agadic / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)

Titulo orixinal: A tropa de trapo en el país donde siempre brilla el sol
Tipo: Animación
Xénero: Comedia
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 76'
Orixe: España
Ano: 2010
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Galego, catalán, inglés
web propio
Importe subvencións: 400.000 €

vIDEOS | VER todos os videos de A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol  (1)

Documentos

  1. baixa aqui A tropa de trapo

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org