A viaxe da pequena Mumu para conseguir o seu soño: Ser unha super-estrela. A vaquiña Mumu vai vivir unha aventura de acción, suspense e emoción. Os seus enormes desexos de se converter nunha estrela conducirana a unha situación surrealista, da que será liberada grazas ao labor en equipo e ao enxeño dos seus compañeiros, aos que abandoara por careceren do glamour ao que ela aspiraba. Grazas a eles descubrirá que debemos querer aos demais tal e como son e non polo brillo que aparenten ter. Estrea en salas 29/11/10. Palmarés: En 2011 competiu na categoría de mellor filme de animación para os premios Goya do cine español. Recibiu o premio á mellor longametraxe de animación na terceira edición dos Premios Gaudí. Premio do xurado infantil á mellor longametraxe en competición, no XXI Festival Internacional de Cine para Niños Y Jóvenes, Divercine (Uruguay 2012). Premio á mellor orquestración para súa banda sonora na competición de música para cine do 10º Garden State Film Festival (Nova Jersey, Estados Unidos de América 2012). A BSO tamén levou a medalla de ouro á excelencia no Festival de Música de Cine del Festival Internacional de Utah (EEUU 2011) e o Premio Jerry Goldsmith á mellor banda sonora e á mellor compositora no VII Festival de Música de Cine Ciudad de Úbeda (2011). |
Ficha artística
Animación:
/
José A. Cuenca
Dirección:
/
Álex Cools
Montaxe:
/
Guillermo Represa
Música:
/
Zeltia Montes
Produción Executiva:
/
Chelo Loureiro
Ficha técnica
Distribuidora
/
Alta Classics
/
Six Sales
Produtora
/
Abano Producións, S.L.
/
Continental Producciones, S.L.
/
Televisión de Galicia (TVG)
Subvención ou axuda pública
/
Agadic
/
Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
Titulo orixinal: A tropa de trapo en el país donde siempre brilla el sol
Tipo: Animación
Xénero: Comedia
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 76'
Orixe: España
Ano: 2010
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Galego, catalán, inglés
Importe subvencións: 400.000 €