Un achegamento ao descoñecido mundo da arte da cetrería en Galicia. Os cetreiros exercen vocacionalmente unha profesión que data do Medievo e que perdura ata os nosos días. Os seus servizos son empregados por exemplo nos aeroportos de Vigo e da Coruña. Existe unha forte vinculación entre a ave e o seu coidador, que o documental analiza, ademais de aportar unha visión global das aves rapaces como o falcón pelegrín, o azor ou a águia real.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Marcos Caruncho
Produción Executiva:
/
Diego Méndez
Ficha técnica
Produtora
/
Alén Filmes, S.L.
/
Televisión de Galicia (TVG)
Titulo orixinal: Cetreiros do século XXI
Tipo: Documental
Xénero: Natureza
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 50'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Galego