Barrio de elite de Pituba, cidade de Salvador de Bahía, Brasil. No trazado do paseo marítimo da cidade, antes de chegar á famosa praia de Itapá, chama a atención o edificio do Clube Português: un antigo complexo deportivo de luxo no que todo o que se pode ver foi reutilizado á medida das necesidades dos seus actuais ocupantes: 85 familias pertencentes ao movemento dos sen teito de Salvador, o MSTS. Palmarés: Mellor documental na sección Transfrontera do IV Festival Internacional Extrema´doc (Cáceres, 2008). Mellor documental ex aequo con “Pancho Villa, la revolución no ha terminado” en I Xanela ó Mundo do Festival de Cine Documental das Mariñas (Betanzos, 2008). En EcoVision 2009, festival de medio natural e cine de Palermo (Italia) obtivo unha mención pola súa explroación dun mundo degradado en contacto co turismo masivo. Seleccionado polo Consorcio Audiovisual de Galicia para o programa de promoción de documentais galegos Docs Galicia 09. |
Ficha artística
Dirección:
/
Claudia Brenlla
Ficha técnica
Distribuidora
/
Consorcio Audiovisual de Galicia
Produtora
/
Laturmadocus
Subvención ou axuda pública
/
Consorcio Audiovisual de Galicia
Titulo orixinal: O clube dos sem teto
Tipo: Documental
Xénero: Social
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 56'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Portugués