Araceli González Carballo, nada en Coeses (Lugo) contribuiu a Fortitude Sur, a operación contra o III Reich que permitiu o desembarco de Normandía. Era a esposa de Juan Pujol García, o célebre espía Garbo, que o MI5 mantivo en segredo ata 1999. Ela conseguiu que Pujol se convirtise en axente dos aliados. Galerista e "embaixadora" da arte galega en Madrid, Araceli ocultou o seu pasado. Deu o seu home por morto durante corenta anos, ata el reaparecer recibindo a medalla da Orde do Imperio Británico. Este documental ficcionado foi anteriormente coñecido como Araceli, unha galega contra Hitler.
|
Ficha artística
Dirección:
/
José de Cora
Dirección artística:
/
María Lamela
/
Teté Latas
Intérpretes:
/
Mara Miñano
/
Mariluz Obermeier
/
Gonzalo Paradela
/
Ramón Saqués
Música:
/
Dani Díaz
Produción:
/
Memé Díaz
/
Mercedes Fernández
Produción Executiva:
/
Gonzalo de Cora
Realización:
/
Pepe Tejero
Ficha técnica
Produtora
/
Lugopress, S.L.
Sonorización, locución e dobraxe
/
DDA
Subvención ou axuda pública
/
Agadic
/
Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
Titulo orixinal: Hitler, Garbo... e Araceli
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Coprodución
Realizada en branco e negro
Duración: 55'
Orixe: Galicia
Ano: 2009
Idioma V.O.: Galego
Importe subvencións: 50.000 €