O Monte do Gozo é o derradeiro albergue do Camiño de Santiago e parada obrigada para os peregrinos. Hai unha grande diversidade humana entre os visitantes e case un cento de traballadores no entramado hoteleiro que atende a área. O programa tenta amosar o día a día dos turistas e dos traballadores e ao coincidir co concerto dos Rolling Stones no complexo, aborda as dificultades derivadas do evento. 3 episodios de 30 minutos cada un.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Teo Manuel Abad
Produción:
/
Sara Gonzalo
Realización:
/
Chema Gagino
Ficha técnica
Produtora
/
Televisión de Galicia (TVG)
/
Zénit Televisión, S.A.
Titulo orixinal: A vida aberta
Tipo: Documental
Xénero: Serial
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 90'
Orixe: Galicia
Ano: 1998
Idioma V.O.: Galego