Co gallo do trixésimo aniversario da morte de Celso Emilio Ferreiro, percórrese a historia do mosteiro convertido en cárcere durante a Guerra Civil. A historia do poeta engaiolado na súa Longa noite de pedra, a do galeguista Elixio Rodríguez ou a de Celso de Poulo, alcalde asasinado nos arredores de San Rosendo, forman parte dun título que apela á memoria que tantos tentaron facer desaparecer.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Patricia Nogueira
Ficha técnica
Produtora
/
Productora Faro, S.A.
/
Televisión de Galicia (TVG)
Subvención ou axuda pública
/
Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
Titulo orixinal: San Salvador. Presos en Celanova
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Coprodución
Duración: 32'
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 51.011 €
Porcentaxe subvencións: 29,99 %
Importe subvencións: 15.303 €