O golpe militar contra a II república axiña triunfou en Galicia. Ao longo do percorrido polas terras galegas visítanse, entre outras localidades, A Coruña e Tui. Esta última poboación resistiu durante unha semana ás forzas rebeldes, que logo exerceron duramente a súa autoridade e poder contra os vencidos. O percorrido inclúe entrevistas con historiadores en escenarios que hoxe son idílicos mais que no pasado foron lugares terribles, como a ponte de Castuelo en Ourense, ou a Illa de San Simón, un antigo lazareto na Ría de Vigo onde foron internados miles de galegos, vascos e asturianos desde 1936.
|
Ficha artística
Entrevistado:
/
Manuel Barros
/
Isaac Díaz Pardo
/
Francisco Fernández del Riego
Guionista:
/
Alfonso Domingo
/
Manuel Rivas
Presentación ou locución:
/
Manuel Rivas
Realización:
/
Enrique Braso
Ficha técnica
Produtora
/
Argonauta Producciones
/
Televisión Española (TVE)
Titulo orixinal: Galicia, la tempestad del 36
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 54'
Orixe: España
Ano: 2006
Idioma V.O.: Castelán, galego
Subtitulada: Castelán