Mediametraxe que afonda no polémico concepto da memoria histórica aproximándose á dificultade e arbitrariedade do acto de lembrar, o esquecemento e mais a instrumentalización política da memoria. O filme foi rodado no transcurso das eleccións autonómicas ao parlamento de Galicia en febreiro de 2009 no Concello da Guarda, establecendo un contraste cos mesmos lugares onde sucederon episodios da Guerra Civil. Coa participación no aspecto histórico de J.A.Uris e Luís Cividanes. Estrea 29/9/09.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Xurxo Chirro
Ficha técnica
Titulo orixinal: 36/75
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Produción propia
Duración: 40'
Orixe: Galicia
Ano: 2009
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Castelán
Capital Galego: 100 %