A Nobita, un rapaz feble que usa lentes, aparéceselle un gato azul sen orellas. É un robot-gato moi tenro, antiviolento, intelixente, simpático e con poderes especiais. Procede do século XXII pero o tataratataratataraneto de Nobita, que vive na pobreza total debido aos erros que cometeu este no pasado, envíao nunha máquina do tempo ao século XX. A misión de Doraemon é axudarlle a Nobita a corrixir eses erros, pero esa tarefa non é doada, xa que Nobita é o rapaz máis torpe da súa clase. 260 episodios de 30 minutos.Título emitido dentro do Xabarín Club dende 1994.
|
Ficha artística
:
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
/
tvG2
Titulo orixinal: Doraemon, o gato cósmico
Tipo: Animación
Xénero: Comedia
Produción allea
Realizada a cor
Duración: 7800'
Orixe: Xapón
Ano: 1969
Idioma V.O.: Xaponés
Dobrada: Galego