A orixe dos nomes propios, curiosidades léxicas, gramaticais e ortográficas e ditos e refráns conforman a língua en ámbitos diversos. Explóraos este microespazo de emisión diaria dedicado á lingua galega. Unha escolma de oitenta e dous capítulos foi editada en formato DVD a finais de 2009. Os 2.000 exemplares distribuíronse en librarías e en centros educativos. En DVD (ISBN 978-84-453-4852-9) patrocinado pola Xunta recolleuse a antoloxía dos capítulos emitidos 21/7/08 a 6/7/09. O segundo DVD, editado en 2012, escolma 108 capítulos dos 230 que compoñen a segunda temporada.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Xesús Ferro
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
Produtora
/
Televisión de Galicia (TVG)
Subvención ou axuda pública
/
Secretaría Xeral de Política Lingüística (Xunta de Galicia)
Titulo orixinal: Ben falado!
Tipo: Programa TV
Xénero: Cultural
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 5'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Galego