Memoria con figuras |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Memoria con figuras
Docuserie arredor de personaxes galegos como Sarmiento, Montero Ríos, Concepción Arenal ou Novoa Santos. Non empregaba recreación, senón que combinaba a voz do narrador con imaxes de documentos da época dos protagonistas ou dos lugares onde aconteceron feitos relevantes nas súas vidas. Ramón Villares, que tamén asinou a maioría dos guións, facía unha pequena introdución ao inicio de cada capítulo. A serie contou cunha axuda da CEE para ser gravada en 16:9, foi dos primeiros documentais feitos nese formato para a TVG. 13 episodios.

Ficha artística
Dirección fotografía: / Pablo Anllo
Guionista: / Ramón Villares
Música: / Arturo Kress
Presentación ou locución: / Ramón Villares
Realización: / Ricardo Llovo

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)
Produtora / El Progreso / Televisión de Galicia (TVG)

Titulo orixinal: Memoria con figuras
Tipo: Docuserie
Xénero: Biográfico
Encargo
Orixe: Galicia
Ano: 1998
Idioma V.O.: Galego

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org