 
          
| Docuserie arredor de personaxes galegos como Sarmiento, Montero Ríos, Concepción Arenal ou Novoa Santos. Non empregaba recreación, senón que combinaba a voz do narrador con imaxes de documentos da época dos protagonistas ou dos lugares onde aconteceron feitos relevantes nas súas vidas. Ramón Villares, que tamén asinou a maioría dos guións, facía unha pequena introdución ao inicio de cada capítulo. A serie contou cunha axuda da CEE para ser gravada en 16:9, foi dos primeiros documentais feitos nese formato para a TVG. 13 episodios. | 
Ficha artística  
            
			
Dirección fotografía: 
/
 Pablo Anllo
Guionista: 
/
 Ramón Villares
Música: 
/
 Arturo Kress
Presentación ou locución: 
/
 Ramón Villares
Realización: 
/
 Ricardo Llovo
Ficha técnica
			
			
  Emisión ou proxección
  /  
Televisión de Galicia (TVG)
  
  Produtora
  /  
El Progreso
  /  
Televisión de Galicia (TVG)
  
  
			
					  Titulo orixinal: Memoria con figuras
		 		 		  Tipo: Docuserie
		 		 		  Xénero: Biográfico
		 		 		 Encargo
		 		 		 		 		  Orixe: Galicia
		 		 		  Ano: 1998
		 		 		  Idioma V.O.: Galego
		 		 		 		 		 		 		  		  		  		  		  
