Producida orixinalmente de 1971 a 1975 e emitida en galego na TVG en 1991 e 2000 e en G2 en 2009, esta é unha das series máis famosas da historia da televisión. Presenta a vida dunha aristocrática familia inglesa, os Bellamy, que viven na parte superior dunha casa señorial, e os seus criados, que viven abaixo. A acción desenvólvese durante o primeiro terzo do século XX, unha época convulsa e de grandes cambios. 63 episodios de 50 minutos. Existen tamén 5 episodios en branco e negro que a TVG non comprou. Palmarés: Gañadora dun Bafta e un Emmy. |
Ficha artística
Dirección:
/
Raymond Menmuir
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
/
tvG2
Titulo orixinal: Upstairs, Downstairs
Tipo: Serie
Xénero: Drama
Produción allea
Realizada a cor
Duración: 3150'
Orixe: Reino Unido
Ano: 1971
Idioma V.O.: Inglés
Dobrada: Galego