Yuravliov |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Yuravliov
Inadvertido aos viandantes, o ex-capitán da flota submariña soviética Guiorgui Yuravliov agarda a que o atendan nunha perruquería da cidade da Coruña. Un breve prólogo dá paso a unha entrevista combinada con imaxes de arquivo, construíndo deste xeito un orixinal retrato persoal. É a biografía dun mariño vocacional, revivida ao tempo que lle cortan o cabelo ao protagonista, mais tamén é a imaxe dun país nun tempo pasado.

Palmarés: Un panel de especialistas considerouno un dos mellores documentais galegos da década dos noventa.

Ficha artística
Cámara: / Jose Mariño
Dirección: / Cheché Carmona
Dirección fotografía: / Xosé Garrido
Guionista: / Cheché Carmona
Montaxe: / Jose M. Villaverde
Posproducción: / Jose M. Villaverde
Produción: / Pilar Aláez
Xefatura de son: / Manuel A. Villa

 

Ficha técnica
Produtora / Escola de Imaxe e Son da Coruña

Titulo orixinal: Yuravliov
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 25'
Orixe: Galicia
Ano: 1993
Idioma V.O.: Ruso, inglés
Subtitulada: Castelán

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org