O país dos pequenos |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

O país dos pequenos
Programa con participación infantil e entrevistas. Cativos de primaria de colexios de toda Galicia son seleccionados pola sía expresividade e simpatía. Despois no programa propónselles un tema e falan sobre el ao longo de varios momentos da emisión. Tamén se conta con dous ou tres convidados en cada programa, persoas relacionadas co tema do día, que son entrevistadas coa axuda dos nenos. 21 programas emitidos a 8/3/09. Programa anteriormente coñecido como O país dos ananos

Palmarés: Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) a presentadora Belén Regueira recibiu o galardón de mellor comunicador/a de TV por este programa.

Ficha artística
Dirección: / Raúl Bartolomé
Presentación ou locución: / Belén Regueira

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)
Produtora / Servicios Audiovisuales CTV S.A. / Televisión de Galicia (TVG)

Titulo orixinal: O país dos pequenos
Tipo: Programa TV
Xénero: Cultural
Produción propia externa
Realizada a cor
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Galego
web propio

vIDEOS | VER todos os videos de O país dos pequenos  (2)

Galería de imaxes | VER AS 1 fotos de O país dos pequenos

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org