Programa de música gravado ao vivo e con público na discoteca LP45 de Ordes. Ademais de música en directo, hai reportaxes e entrevistas sobre todos os estilos musicais, as novidades do mercado e a axenda de concertos. No programa tamén hai unha sección dedicada a saber que foi dos grupos que emerxeron coa chamada “Xeración Xabarín” e outra chamada “ADN”, na que personaxes populares darán a coñecer os seus gustos musicais. Estrea 31/1/09.
|
Ficha artística
Axudante de dirección:
/
Raquel Fernández
Dirección:
/
Alfonso Pato
Guionista:
/
María Duro
Presentación ou locución:
/
Luís Pardo
Produción:
/
Javier Llopis
/
Diego Montes
Realización:
/
Gonzalo Pintos
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
/
tvG2
Produtora
/
Televisión de Galicia (TVG)
Titulo orixinal: Banda curta
Tipo: Programa TV
Xénero: Musical
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 60'
Orixe: Galicia
Ano: 2009
Idioma V.O.: Galego