Documental sobre a industria conserveira en Bueu no que participan traballadoras de Massó, veciños e investigadores. Reflíctese a industrialización da Galicia marítima, coas fábricas de salgadura e conserva nos séculos XIX e XX. O documental aborda as compoñentes social e humana que participaron deste importante proceso histórico e incorpora fondos fotográficos da familia Docampo, Arturo Cidrás, Xosé Luis Lorenzo Colón e o Museo Massó. Preestrea 23/1/09 no Centro Social do Mar de Bueu.
|
Ficha artística
Guionista:
/
Yolanda del Campo
Produción Executiva:
/
Valentín Carrera
Realización:
/
Yolanda del Campo
Xefatura de produción:
/
Elsa Pazos
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
Posprodución
/
Zetra
Produtora
/
Ibisa TV
Sonorización, locución e dobraxe
/
Cinemar Films, S.L.
Soporte técnico a rodaxes
/
TV Siete
Titulo orixinal: Traballo e vida en Bueu. A industria conserveira
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 26'
Orixe: Galicia
Ano: 2009
Idioma V.O.: Galego