En 2003, no centro de integración San Xerome (A Garda), un obradoiro de musicoterapia ten un desenlace inesperado: Gene descobre a súa innata destreza para a percusión, malia a súa discapacidade severa, a cal non lle permite tan sequera manter a verticalidade nin a ollada. Froito deste descubrimento nace Xerock, unha ``banda de sanación e meditación´´ composta -ademais de Gene- por Vanesa, Borja, Carliños e Álvaro, alumnos do San Xerome, e os traballadores do centro Ciano e Víctor, dous guitarristas que cazan o talento desta turma e bótana a rodar.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Xoel Méndez
Ficha técnica
Produtora
/
Ficción Producciones, S.L.
Titulo orixinal: Cantos Rodados
Tipo: Documental
Xénero: Social
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 84'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Galego e castelán
Subtitulada: Galego e castelán
Dobrada: Ningún idioma
Orzamento: 56.543 €
Porcentaxe subvencións: 0 %