Lembranzas dun vigués de 50 anos |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Lembranzas dun vigués de 50 anos
Co gallo do 50º aniversario do Centro PSA Peugeot-Citroën de Vigo, repásase a memoria audiovisual da cidade e os seus vencellos coa fábrica de automóbiles. O documental recupera parte dos depósitos do NODO (arquivo da televisión franquista) e fondos cinematográficos realizados en Vigo nas últimas cinco décadas, na súa maioría inéditos, contrastándoos con imaxes actuais e entrevistas, co fin de reflectir o cambio cultural, político e urbanístico da cidade. Proxectado no MARCO de Vigo durante a fin de semana 21-23/11/08.

Ficha artística
Dirección: / Xabier Fortes

 

Ficha técnica
Produtora / Televisión Española en Galicia

Titulo orixinal: Recuerdos de un vigués de 50 años
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Produción propia
Realizada en branco e negro
Duración: 38'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Castelán
Subtitulada: Ningún idioma

Galería de imaxes | VER AS 1 fotos de Lembranzas dun vigués de 50 anos

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org