A revolta universitaria do 68. Unha loita da mocidade galega |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

A revolta universitaria do 68. Unha loita da mocidade galega
En conmemoración das mobilizacións estudiantís compostelás de 1968, a Fundación 10 de marzo realizou a exposición ``Do `Gaudeamus Igitur´ ao `Vencemos nós´´, que amosa a loita por unha educación libre e democrática. Complementándoa, este documental conta a historia dun mozo que chega en 2007 a estudar na USC e atopa unhas caixas con material das revoltas de trinta anos antes. A do curso 1967-68 foi a folga máis prolongada da universidade española, un enfrontamento contra o réxime totalitario de Franco. Algúns protagonistas participan neste repaso histórico.

Ficha artística
Dirección: / Valentín Carrera

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)
Produtora / Ibisa TV / Televisión de Galicia (TVG)

Titulo orixinal: A revolta universitaria do 68. Unha loita da mocidade galega
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 26'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Galego

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org