Situada cronoloxicamente cinco anos despois do final de Dragon Ball, esta etapa comeza cunha terrible ameaza que asola a Terra, os saiyáns, unha raza superior que se dirixe ao noso planeta con intención de conquerilo. Produción comercializada en DVD con audio en galego. Esta edición, remasterizada e non censurada, componse de 36 estoxos, cada un contendo dous DVDs correspondendo arredor de oito episodios. Contén o audio da versión orixinal. Título emitido dentro do Xabarín Club. A seguinte versión remasterizada, co título Dragon Ball Kai e 98 capítulos, emitiuse na tvG2 desde o 12/12/11.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Minoru Okazaki
Ficha técnica
Distribuidora
/
Selecta Visión
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
/
tvG2
Titulo orixinal: Dragon Ball Z
Tipo: Animación
Xénero: Serial
Produción allea
Realizada a cor
Duración: 7200'
Orixe: Xapón
Ano: 1989
Idioma V.O.: Xaponés
Subtitulada: Castelán
Dobrada: Castelán, catalán, éuscaro, galego