Os habitantes das tres aldeas que conforman o Couto Mixto puideron durante anos elixir a súa nacionalidade e dispuñan de privilexios como a liberdade de comercio. En 1868 España e Portugal extinguírono e os viciños pasaron a ser españois. Desapareceron os seus privilexios, o comercio complicouse e xurdiron rutas clandestinas de contrabando, bandoleiros, lendas e contos.
Na actualidade o Couto Mixto é unha zona con pobres comunicacións. A escasez de emprego atractivo para a xente nova fai que esta zona sufra a pandemia do rural galego e portugués, o abandono polos grandes núcleos urbáns e o avelloamento da poboación. Palmarés: Primeiro premio no Festival de Cine da Universidade de Vigo, sección de documental (2008). |
Ficha artística
Dirección:
/
Isabel Martínez (2)
Música:
/
Daniel López
Ficha técnica
Sonorización, locución e dobraxe
/
Mandeo Records
Subvención ou axuda pública
/
Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
Titulo orixinal: O Couto Mixto
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Encargo
Realizada a cor
Duración: 22'
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: ningún idioma
Dobrada: ningún idioma
Orzamento: 18.000 €
Porcentaxe subvencións: 22,22 %
Importe subvencións: 4.000 €
vIDEOS | VER todos os videos de A República dos Soños (O Couto Mixto) (1)
Audio
-
| En las orillas de Txivi