Un mundo en perigo de extinción e un oficio en decadencia: Os feirantes. Homes e mulleres nunha viaxe física e emocional, que viven en dous mundos: por un lado o da balbordenta feira e os seus sons, músicas e luces de cores, e polo outro o mundo que se agocha detrás das luces dese decorado. Aí oculta está a itinerancia e o desarraigo, a vida permanente na periferia. Estrea en cines o 30/9/11. Palmarés: Foi unha das grandes vencedoras dos Premio Mestre Mateo 2011 (entregados en 2012), gañando os galardóns á mellor montaxe, á mellor longametraxe documental e á mellor dirección. Seleccionada no Festival de Cine de San Sebastián, na sección Zabaltegui-Novos Directores. |
Ficha artística
Dirección:
/
Sandra Sánchez
Montaxe:
/
Nahum C. Fiuza
/
Sandra Sánchez
Produción Executiva:
/
Fernanda del Nido
Ficha técnica
Produtora
/
Tic Tac Producciones
Subvención ou axuda pública
/
Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
Titulo orixinal: Tralas luces
Tipo: Documental
Xénero: Etnográfico
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 90'
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Galego e castelán
Orzamento: 246.967 €
Porcentaxe subvencións: 31,18 %
Importe subvencións: 77.000 €
vIDEOS | VER todos os videos de Tralas luces (2)
Audio
-
| Sandra Sánchez fala de Tralas luces