Unha cativa procura a súa identidade nunha pequena cidade. A directora reflexiona sobre a súa condición de muller homosexual e sobre o rexeitamento social que este colectivo aínda padece, a través das lembranzas de infancia no barrio de Caranza (Ferrol). A película combina técnicas de animación en 2D e de 3D. Palmarés: Seleccionada para o Festival de Cine Independente de Sundance. Premio do xurado á mellor curta de animación no V Festival de Cans (2008). Premio á mellor videocreación na MIVICO (Mostra Internacional de Videocreación do Condado, 2008). Gran Premio Eixo Atlántico ao mellor filme producido en Galicia ou Portugal en calquera das categorías que competiron no XIII Festival Internacional de Cine Independente de Ourense (OUFF 2008). Primeiro premio na categoría de Mellor Audiovisual no XXXVI certame audiovisual internacional Liceo Casino de Vilagarcía (2008). |
Ficha artística
Dirección:
/
Peque Varela
Guionista:
/
Peque Varela
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Cineclube de Compostela
Titulo orixinal: 1977
Tipo: Animación
Xénero: Biográfico
Produción propia
Duración: 8'
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Porcentaxe subvencións: 0 %