A terceira póla |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

A terceira póla
Un achegamento aos habitantes dos tres concellos galegofalantes de Estremadura (Valverde do Fresno, As Ellas e San Martín de Trevello), que opinan sobre a orixe da súa lingua, falan da súa identidade e tamén dos seus vencellos con Galicia. Interveñen, ademais de paisanos da zona, xente coma Xosé Henrique Costas, filólogo especialista no “valego”, Francisco Fernández Rei, catedrático de filoloxía románica, Domingo Frades, académico correspondente en Estremadura da Real Academia Galega ou Máximo Gaspar, alcalde de San Martín de Trevello. Estrea prevista na TVG en maio de 2008.

Ficha artística
Cámara: / Carlos Aguilera
Dirección: / Rubén Pardiñas
Guionista: / Rubén Pardiñas
Montaxe: / Carlos Aguilera
Produción: / Miguel Gavito
Xefatura de son: / David López

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)
Produtora / Pasacana Films / Televisión de Galicia (TVG)

Titulo orixinal: A terceira póla
Tipo: Documental
Xénero: Social
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 25'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Galego
Dobrada: Ningún idioma
Orzamento: 10.000 €
web propio

Galería de imaxes | VER AS 2 fotos de A terceira póla

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org