Lembranzas e reflexións de Isaac Díaz Pardo |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Lembranzas e reflexións de Isaac Díaz Pardo
A vida e obra de Díaz Pardo, contada por el e polos seus colaboradores. Nado en 1920, en 1936 os fascistas matan o seu pai, o debuxante galeguista Camilo Díaz Baliño. A súa familia sufriu a represión. Pintor e ceramista, en 1955 Isaac viaxa por primeira vez á Arxentina e con Luís Seoane concibe a creación de empresas recuperadoras de Galicia, convertidas logo en realidade: o Museo Carlos Maside, Edicións do Castro, o Instituto Galego de Información e o restaurado complexo de Sargadelos co seu Seminario de Investigación.

Ficha artística
Dirección: / Xan Leira
Entrevistado: / Isaac Díaz Pardo

 

Ficha técnica
Produtora / Acuarela Comunicación, S.L.L.

Titulo orixinal: Lembranzas e reflexións de Isaac Díaz Pardo
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 25'
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Idioma V.O.: Galego

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org