En 2004 o Xacobeo organizou un macrofestival na praia de Santa Cristina (Oleiros, A Coruña), baseado na multicuralidade. Durante 24 horas desenvolvéronse expresións artísticas como escultura en area, circo, performances, e, pechando o evento, un concerto con músicos como Carlinhos Brown, Orishas, Budiño, Malkit Singh, Ganga Giri, Fanfare Ciocarlia. O documental recolle estas intensas horas do festival, desde a perspectiva dos artistas que actuaron diante de 175.000 espectadores.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Carlos L. Ríos
Guionista:
/
Carlos L. Ríos
Produción Executiva:
/
Moncho Varela
Ficha técnica
Produtora
/
Pórtico de Comunicaciones, S.L.
Titulo orixinal: A Festa dos Mundos
Tipo: Documental
Xénero: Musical
Encargo
Realizada a cor
Duración: 50'
Orixe: Galicia
Ano: 2004
Idioma V.O.: Castelán, portugués, castelán e outros idiomas
Subtitulada: Galego e castelán
Dobrada: Ningún idioma