Un día pensei: Teño que ter unha opinión, porque ma piden. Daquela comecei a ler. Alfonso érguese cada mañá cedo e no bus colle un libro e ponse a ler. Hoxe toca A consolación da filosofía. Alfonso é o limpabotas do aeroporto de Santiago de Compostela. Se cadra o último de Galicia, el non o sabe. O traballo escasea. Alfonso tivo unha infancia dura, de reformatorio e posguerra, dormiu en portais no Berbés, queimou a xuventude na Lexión. Unha filla con deficiencia psíquica, dous enganchados á heroína, e o cáncer levou un dos seus pequenos. Alfonso tómao con filosofía. Soubo conservar a cordura, sair adiante. Porque Alfonso é un pensador.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Carlos Davila
Guionista:
/
Carlos Davila
Produción:
/
Carlos Davila
/
Isaac González
Ficha técnica
Produtora
/
Massvisual Servicios Plenos, S.L.
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 60'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Orzamento: 60.000 €
Capital Galego: 100 %