O ventríluoco Víctor achégase ao final da súa carreira. Por mor dunha prolongada doenza o marionetista perdeu unha perna que lle foi amputada e áchase moi feble. Ademais Leo, o monicreque que manexa, é máis famoso que o seu propio creador. Proxecto tamén coñecido como Leo, historia dun final. Palmarés: Gañadora no festival internacional de curtametraxes La Pedrera (Montevideo, Uruguay 2009). |
Ficha artística
Dirección:
/
Fernando Cortizo
Ficha técnica
Produtora
/
Artefacto Producións
Titulo orixinal: Leo
Tipo: Animación
Xénero: Drama
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 10'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Galego
Capital Galego: 100 %