O reto da integración dos inmigrantes mediante a aprendizaxe dun oficio tradicional. Humor e encontros interculturais con parellas formadas por un inmigrante aprendiz e un mestre galego: Mestras redeiras ou mestres zoqueiros ensinan a persoas procedentes de África ou Europa do Este. O ensinante achegaralle ao inmigrante as claves do seu oficio e as raíces galegas. No entanto, a persoa de fóra aporta a súa perspectiva sobre Galicia, ao tempo que lembra o seu país de orixe. Estrea 14/9/09. Trece episodios de 25 minutos.
|
Ficha artística
Realización:
/
Daniel Castro
Ficha técnica
Institución pública
/
Dirección Xeral de Emigración (Xunta de Galicia)
Produtora
/
Voz Audiovisual S.A.U.
Titulo orixinal: Made in Galicia
Tipo: Docuserie
Xénero: Social
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 325'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 52.579 €
Porcentaxe subvencións: 19 %
Importe subvencións: 10.000 €
Capital Galego: 100 %