Manuel e Elisa |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Manuel e Elisa
Despois de 53 anos casados, Manuel Rodríguez e Elisa Flores seguen vivindo onde naceron, no lugariño do Rosal, na fronteira galega con Portugal. Ambos teñen as mans marcadas polo traballo e a súa vellez non consegue facelos recuar. Xuntos, con serenidade e disciplina, constrúen a cotío unha vida cargada de labores na casa e no agro. Este documental, coñecido anteriormente como "O Trinta" (o alcume de Manuel), trata das fazañas cotiás; unha historia de amor sen aloumiños e de convivencia sen palabras. Editado en DVD.

Palmarés: Película seleccionada no Mercadoc. Candidata aos premios Mestre Mateo 2008 como mellor película documental. Gañadora ex aequo na Sección Oficial de Documentais Galegos do Festival Play-Doc de Tui (2009).

Ficha artística
Dirección: / Manuel Fernández-Valdés
Produción Executiva: / Fernanda del Nido

 

Ficha técnica
Distribuidora / Biblos Clube de Lectores
Produtora / Televisión de Galicia (TVG) / Tic Tac Producciones
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)

Titulo orixinal: Manuel e Elisa
Tipo: Documental
Xénero: Social
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 77'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 126.967 €
Porcentaxe subvencións: 24,41 %
Importe subvencións: 30.992 €
Capital Galego: 100 %

vIDEOS | VER todos os videos de Manuel e Elisa  (1)

Galería de imaxes | VER AS 4 fotos de Manuel e Elisa

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org