Despois de 53 anos casados, Manuel Rodríguez e Elisa Flores seguen vivindo onde naceron, no lugariño do Rosal, na fronteira galega con Portugal. Ambos teñen as mans marcadas polo traballo e a súa vellez non consegue facelos recuar. Xuntos, con serenidade e disciplina, constrúen a cotío unha vida cargada de labores na casa e no agro. Este documental, coñecido anteriormente como "O Trinta" (o alcume de Manuel), trata das fazañas cotiás; unha historia de amor sen aloumiños e de convivencia sen palabras. Editado en DVD. Palmarés: Película seleccionada no Mercadoc. Candidata aos premios Mestre Mateo 2008 como mellor película documental. Gañadora ex aequo na Sección Oficial de Documentais Galegos do Festival Play-Doc de Tui (2009). |
Ficha artística
Dirección:
/
Manuel Fernández-Valdés
Produción Executiva:
/
Fernanda del Nido
Ficha técnica
Distribuidora
/
Biblos Clube de Lectores
Produtora
/
Televisión de Galicia (TVG)
/
Tic Tac Producciones
Subvención ou axuda pública
/
Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
Titulo orixinal: Manuel e Elisa
Tipo: Documental
Xénero: Social
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 77'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 126.967 €
Porcentaxe subvencións: 24,41 %
Importe subvencións: 30.992 €
Capital Galego: 100 %