Patagonia, utopía libertaria |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Patagonia, utopía libertaria
Antonio Soto Canalejo, “o galego Soto” (Ferrol 1897 - Punta Arenas 1963), liderou as folgas rurais na rexión austral arxentina en 1920-21. Ante a loita obreira a oligarquía anglo-arxentina enviou a cabalaría, asasinando 1500 obreiros. A película é una nova montaxe da producida en 1997 e denuncia a incapacidade das dirixencias sindicais diante da explotación e globalización actual, semellante ao acontecido en Patagonia daquela. Inclúe entrevistas a Osvaldo Bayer, Ramón Villares, Manuel Vázquez Montalbán, Raúl Alfonsín.

Palmarés: Seleccionado na sección competitiva do I Festival Europeo de Cine e Televisión Memorimage.

Ficha artística
Dirección: / Xan Leira

 

Ficha técnica
Produtora / Acuarela Comunicación, S.L.L.

Titulo orixinal: Patagonia, utopía libertaria
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 57'
Orixe: Galicia
Ano: 2006

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org