Mónica Camaño
Actriz
Nome completo: Mónica Camaño Fandiño
Cangas do Morrazo (Pontevedra) 1971
Nos anos 80 comeza a súa relación co teatro, da man do grupo de mimo Ancoradouro, que a levará até a Aula de Teatro da USC, alternando montaxes e cursos de arte dramática, ao tempo que se licencia en Filoloxía Galego-Portuguesa. A partir de entón comezará o seu percurso profesional na escena galega traballando no Centro Dramático Galego, Teatro do Aquí, Teatro Bruto, Teatro de Ningures ou Teatro do Morcego, entre outros, con directores como Roberto Vidal Bolaño, Xan Cejudo, Pablo Rodíguez, Celso Parada, Júlio Cardoso, Etelvino Vázquez ou Álvaro Lavín. E desde o 2008 integra o proxecto de Teatro Nu. A par da vida escénica, vén desde o ano 2000 traballando con regularidade en cine e televisión. Ademais de participar en títulos coñecidos da pequena e grande pantalla, tamén saiu noutras producións como Coralia e Maruxa: as irmás Fandiño (2007), Nico (2006), Sen rumbo (2006) e Sincopat (2002).
Premios e recoñecementos: Premio María Casares á mellor actriz secundaria no 2008 polo espectáculo Emigrados, sendo candidata na mesma categoría no 2001 por A burla do Galo, no 2002 por Rosalia, e no 2007 polo espectáculo Misericordia. Tivo tamén dúas nominacións a mellor actriz principal nos devanditos premios no 2001 por A señorita Xulia, e no 2010 polo Kvetch.
Formación específica: Ten asistido a varios cursos de formación actoral, impartidos, entre outros, por Manuel Lourenzo, Fabio Mangolini, Michele Man, Helen Rowson, Guillermo Heras ou Angel Almazán. Así mesmo realizou un curso de dobraxe desenvolvido por CTV.

FILMOGRAFÍA
- A cicatriz branca (2012)
- Matalobos (2009)
- O club da calceta (2008)
- Efectos secundarios (2007)
- Liste, pronunciado Líster (2007)
- Coralia e Maruxa. As irmás Fandiño (2007)
- O Bosque de Levas (2006)
- A vida por diante (2006)
- Hai que botalos (2005)
- A biblioteca da iguana (2005)
- Maridos e mulleres (2005)
- Máis ca irmáns (2005)
- Pataghorobí (2005)
- Cuarto sen ascensor (2004)
- Santa Liberdade (2004)
- As leis de Celavella (2003)
- Sincopado (2003)
- O lapis do carpinteiro (2002)
- Terra de Miranda (2001)
- Galicia Exprés (2000)
Videos | Ver 5 videos de Mónica Camaño
-
Anuncio do episodio 50 de Matalobos -
Adianto do episodio 20 de Matalobos -
Anuncio de O bosque de levas -
Anuncio de Cuarto sen ascensor -
Efectos Secundarios