Teo Manuel Abad
Dirección
Nome completo: Teo Manuel Abad Abad
A Coruña 1953
A súa carreira ten unha primeira parte máis vinculada ao cinema e outra posterior de marcado carácter televisivo. A mediados dos setenta colaboraba cos pioneiros do cinema galego contemporáneo, a través das producións do colectivo “Imaxe” en formato Súper 8 e 16 mm. A comezos dos oitenta fundou a produtora “Espello Vídeo Cine” para a mediados da década, despois de ter experimentado coa videocreación, pasarse á pequena pantalla. Traballa na Televisión de Galicia desde a súa fundación, destacando o seu labor de realización nun dos programas máis lonxevos da canle, o magazine “Luar”.

FILMOGRAFÍA
- Sexo, entre o ceo e a terra (2009)
- Flores tristes (2008)
- Amália, última noticia (2006)
- Contar (1999)
- A vida aberta (1998)
- Luar (1992)
- 365 (1991)
- Hardo (1991)
- Adiviña quen vén esta noite (1990)
- Intervalo (1989)
- Corazonada (1989)
- A mellor tv do mundo (1987)
- O mellor (1986)
- Prólogo (1986)
- Denantes (1984)
- O neno con pernas de pomba (1984)