Margarita Ledo / Dirección

Margarita Ledo

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Margarita Ledo
Margarita Ledo
Dirección
Nome completo: Margarita Ledo Andión
Castro de Rei (Lugo) 1951   



Directora cinematográfica, escritora e profesora catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicado numerosos traballos de investigación sobre o sector audiovisual, nos que entre outros eixos destacan as culturas minorizadas e o formato documental. Dirixe o Observatorio do Audiovisual Galego (ODA), preside a Federación Lusófona de Ciencias da Comunicación (LUSOCOM) e a Asociación Galega de Investigación en Comunicación (AGACOM), tamén pertence a comisións executivas e consellos editoriais de diversas entidades e publicacións.

Formación específica: Doutora en Ciencias da Comunicación pola Universitat Autònoma de Barcelona, foi investigadora asociada no Département d’Etudes Cinematographiques et Audiovisuelles, Université Paris 8; Department of Theatre, Film and Tv Studies, University of Wales-Aberystwyth: Département de Sciences de l’Information et de la Communication, Université de Haute Bretagne, e no Dublin Institute of Technology. Premio Nacional de Cinema e Audiovisual (Xunta de Galicia, 2008).

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 1 videos de Margarita Ledo

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Margarita Ledo (96)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org