X. H. Rivadulla “Corcón”
Guionista
Nome completo: José Enrique Rivadulla Conde
A Coruña 1962
Produciu e guionizou diversos programas culturais para a TVG xa desde finais dos 80. Estes labores desenvolveunos en títulos como O tragaluz, Visións, O son dun pobo ou Galicia en perigo. No eido das curtas foi o autor de Estela do Río e tamén ten experiencia en teatro e en radiodifusión. Unha parte do seu traballo no audiovisual está vencellada ao mundo do mar e da pesca.
Premios e recoñecementos: Primeiro premio no certame de cine e video de Elxe.

FILMOGRAFÍA
- Salitre (2009)
- Redeiras (2008)
- Manuel Curros Enríquez. Na fronte unha estrela (2008)
- Os pasos sobre a terra (2007)
- A pequena serea (2007)
- Coralia e Maruxa. As irmás Fandiño (2007)
- Planeta Fantasía (2006)
- Caravana de sabores (2006)
- Alistán, o demo oveiro (2003)
- Industria alimenticia: algas (2000)
- Pesquisas: O caso das galiñas aforcadas (1991)
- Memorias dun parado (1991)
- Muller atrapada (1991)
- A noite das badaladas (1988)